viernes, 13 de julio de 2012

De quen é a culpa?


Desta panda!! Xa coas clases rematadas, só nos queda desexarvos un felíz verán e que aproveitedes estes días para facer cousiñas bonitas disfrutando cos amigos, amigas, familia e, se podedes, viaxando moito! 
Ata o ano que ven!


As estrelas de Andaina

"Estrelas de papel" é a última superproducción deste gran equipo chamado "Comisión de Lecer". No último trimestre o noso esforzo centrouse en sacar adiante esta curtametraxe feita íntegramente polo alumnado: a idea inicial, o guión, o reparto do traballo, a gravación e a edición e montaxe. Graciñas a todas as persoas que colaboráchedes neste proceso. Un ano máis, facemos cine!

lunes, 7 de mayo de 2012

Aínda non a viches?



Cúspeo from Ourense Film Festival on Vimeo.
PD. Estamos traballando nunha nova producción para a vindeira edición do Ouff Escola!

A todas as persoas que participáchedes na curtametraxe "Cúspeo", PARABÉNS!



Lembrádesvos do obradoiro de calceta na ESO...?

... pois foi todo un éxito e hoxe en día aí seguimos preparando as prendas do inverno que ven! Temos que agradecer ás alumnas de 1º da ESO e a Matilde  a súa paciencia con nós, pero aí estamos! E para quenes din que a calceta e o ganchillo é cousa de "señoras", velaquí un exemplo de que están moi equivocad@s:






Xa está aquí o GalegoGym!

O Equipo de Dinamización Lingüística de Andaina organiza esta actividade para os xardíns desta e a próxima semana, animádevos a vir e mover o esqueleto!

jueves, 3 de mayo de 2012

Que pasa con vós?

Fai tempo que non actualizamos, pero... seguimos aquí! Na comisión de lecer de Primaria fixemos (como anunciamos) un obradoiro de Origami que nos deron Álvaro e Uxía, de 6º, aprendimos a facer diferentes animais e flores só con follas de papel! :)

Despois diso, tivemos obradoiro de atrapasonos, apuntouse tanta xente que tivemos que repetilo dúas veces máis!

E nestes días, para distraernos da choiva e relaxar a nosa mente, estamos aproveitando os nosos xardíns liberando a nosa creatividade a través dos Mandalas:


Os martes estamos co Clube de música bailando sen parar! (estes días non o estamos facendo porque estamos preparando a festa das Letras Galegas). Tamén comezamos a liguiña de Baloncesto pero... entre festivos e días de choiva só poidemos xogar dous partidos!! Ainda así, seguiremos en canto saia un raio de sol, os martes nos xardíns do mediodía.

E seguiremos con máis cousiñas... pero estes días estamos preparando as Letras Galegas así que ata a volta do 17 nadiña de nada, xa vos contaremos!!